http://www.furiaac.tk  

 

 

ENTRAR AOS FOROS

 

 Rebeca Viñas Otero, Diana Rey Martínez e Rosa Pardal Aragunde pertenceron o Furia na temporada 97 - 98,  no campionato rexional de cadetes. Pero o sub-comité da delegación de fútbol de Santiago impediu que estas rapazas puideran ser aliñadas cos demáis rapaces do equipo. O caso das rapazas do furia as que a Federacion non lles permitiu xogar cos seus compañeiros homes

 

 

 

 

 

JOSÉ RODRÍGUEZ FRUCTUOSO - PSICÓLOGO INFANTIL Y ESCOLAR

  

 En referencia o caso das tres nenas de Campaña (Valga) que queren xogar o fútbol no equipo do seu barrio "Furia Athletic Club"  e que por regulamentación a Federación Galega de Fútbol lles notificou a imposibilidade de que se poidan aliñar con nenos nos encontros oficiais que o equipo cadete deste clube dispute na presente liga que se esta a celebrar, teño que manifestar desde o campo da psicoloxía a miña seguinte opinión:

 

        - Non se pode negar que existen diferencias físicas entre os dous sexos, que fan que o home teña maior rendemento deportivo, cando este deporte ten un marcado compoñente físico (fútbol, atletismo, etc.) o que fai que sexa o equipo que o aliñar nenas, parta con certa desventaxa de cara a xogar os partidos, pero isto e algo que os propios responsables do clube coñecen de antemán, e son eles os que deben decidir se aliñar ou non as rapazas. Así nunha situación puntual dun partido un xogador un xogador golpee o balón e meta gol non debe haber ningún problema en que quen meta o gol sexa muller ou home, en todo caso o darlle a patada a pelota sabemos que unha muller vai golpear con menos forza que algúns homes.

    - Outro aspecto distinto é o do risco físico  que lles supón as rapazas practicar o fútbol mesturadas con nenos. Entendo que o risco de lesionarse e o mesmo que o de calquera xogador masculino, e as lesións son accidentes deportivos que non se poden prever, e que nunca se desexa que sucedan. Posto que elas deciden xogar voluntariamente, coma o resto dos seus compañeiros, co seguro deportivo correspondente que lles cubra estes riscos estaría eliminada esa argumentación para impedirlles xogar.

    - Hai unha serie de condicionantes culturais: que na sociedade actual hai dúas tendencias, claramente contrapostas: por un lado están aqueles cren que a muller non debe facer as mesmas cousas que os homes, pois estes deixarían de ser “o sexo forte”. Pero tamén existe outro grupo de persoas, dende os que crearon a Constitución Española de 1978, en vigor, ata xente coma os directivos deste pequeno clube de Valga , pais das nenas e compañeiros destas rapazas, os cales apostaron nun momento por integrar nun único equipo nenos e nenas, precisamente recollendo o espírito daquela sociedade que aprobou a Constitución, na que se ven a dicir que non se pode discriminar a ninguén por razóns de raza, relixión ou sexo...

Esta claro que a postura dos dirixentes da Real Federación Española de Fútbol  e a dos que non entenden que unha muller poida facer o mesmo traballo que un home, ou polo menos teña as mesmas oportunidades para intentalo.

   - Neste caso concreto as nenas váiselles facer mais mal que ben, pois van a sufrir un prexuízo persoal e psicolóxico enorme, xa que o impedirlles xogar o fútbol estase a condenalas a non poder xogar, a non facelo onde desexan, con quen desexan, cos seus veciños e compañeiros de barrio e de colexio.Estase apartando a estas nenas da sociedade un pouco, e elas poden percibir esto así tal cal. ¿Esta e a integración a educación para a igualdade que lle imos dar os xovenes nas portas do século XXI?

  - Por ultimo, entendo que en idades escolares (ata os 16 anos a educación e obligatoria por lei: a LOXE de 1991 o di).debese de favorecer todo tipo de actividades educativas, culturais e deportivas mixtas, para favorecer a educación para a igualdade que se debe dar nunha sociedade democratica.

En Pontecesures, a 26 de setembro de 1997.


Seguinte ->>