|
|
Nestes días pasados lin na prensa, con asombro, que a Federación Galega de Fútbol non deixa practicar este deporte a un grupo de rapazas, nun equipo de nenos, aducindo algo tan insólito como as diferencias físicas entre ámbolos dous sexos, o que supón un claro caso de discriminación sexista e que bota abaixo todo un traballo educativo (propiciado polo ordenamento xurídico actual: Constitución, Loxse,...) que se está levando a cabo no momento actual. É un caso máis do contraste que están a padece-los rapaces e as rapazas do noso país, xa que por un lado reciben unha educación baseada no principio de coeducación e por outro atópanse cunha asociación (F G F) que rixe o seu funcionamento por uns valores marcadamente masculinos en detrimento dos valores femeninos (o que da lugar, como sinalei anteriormente, a un casc claro de discriminación sexista; algo que prohibe a Constitución). É dicir, por un lado a escola pretende unha integración social dos dous sexos en pé de igualdade sin predominio de ningún modelo cultural sobre 0 outro e, pola contra, os nenos no seu contexto social atópanse con que non poden practicar un deporte en común porque unha asociación se rixe por valores predominantes dun determinado modelo cultural: o masculino. Con outras palabras, a Federación Galega de Fútbol é unha asociación "machista" que non se da conta da realidade social na que estamos vivindo na que, como xa dixen, o ordenamento xurídico pretende que a construcción da sociedade sexa conxuntamente entre rapaces e rapazas, e non é separando ámbolos dous sexos para a práctica común dun deporte como se pode conquerir esa integración social xusta e equilibrada.
Mestre de educación primaria pola Universidade de Santiago de Compostela; entrenador de fútbol sala feminino.
|